sábado, 25 de octubre de 2025

CAMPEONATO ESCOLAR ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 2025

 Como ven sendo de costume dende ADECONPAR organizouse o Campeonato Escolar Zonal de Campo a Través, que se levou a cabo en dúas xornadas. O xoves 16 de Outubro e o venres 17 de outubro.

O noso cole, o CEIP MESTRE RAMIRO SABELL participou o xoves 16 cos nenos e nenas de 4º en categoría alevín e o venres 17 cos nenos e nenas de 6º en categoría infantil.

Foi unha xornada festiva na que o deporte foi a escusa para pasar un día diferente, e desfrutar do deporte. Tras a carreira todos e todas desfrutamos dun merecido chocolate con rosquillas e unha botelliña de auga. 

Hai que felicitar a todos o alumnado pola súa participación e esforzo pero non nos imos esquecer citar a aqueles compañeiros que acadaron medalla na súa participación.

Deste xeito, na categoría alevín feminino Uxía López acadou un 3º posto e Iris González un 8º posto.

En alevín masculino Alén Pérez cun
3º posto, Pablo Codesa cun 7º posto e Pablo Román e Uriel Estévez cun 9º posto foron os premiados.

En infantil femenino valorar a 2ª posición de Sheila Müller e a 8ª de Daniela Sabas.

E en infantil masculino os alumnos de 6º ocuparon o pódium co 1º, 2º e 3º posto deste xeito Héctor Gómez, Delio Rodríguez e Mateo Gregores foron os galardonados, sen esquecernos tamén do 9º posto de Unai Pérez e o 10º de Pablo X. Martínez.

Tamén como non citar as medallas ó mérito e os forzo a:

Diego Domínguez de 4º e Miguel Represas e Izan Rodríguez de 6º.

A continuación deixamos unhas imaxes das dúas xornadas.




jueves, 26 de junio de 2025

SAÍDA DE XOGOS POPULARES NA CANUDA

 O xoves 22 e o venres 23 de maio os alumnos de 4º e 6º respectivamente acudiron ó parque da Canuda onde realizaron multitude de xogos populares, compartindo espacio e xogos cos outros coles de ADECOMPAR. Foi unha xornada moi diverrida, na que andivemos en zancos, xogamos as ferraduras, a petanca, a chave, o xogo do limón, os arrastramortos, a sementeira, cos aros, cos cazos, ós aneis...

Deixámosvos un vídeo con algunha das fotos da xornada.



miércoles, 7 de mayo de 2025

VISITANOS APAMP


O martes 6 de maio recibimos a visita de APAMP, a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral que se atopa en Vigo.  

          Tratouse dunha visita moi interesante, de cara a poder vivenciar a diversidade funcional de moitas           persoas que son afectadas de parálise cerebral.




 

viernes, 25 de abril de 2025

SAÍDA DE ATLETISMO EN PISTA NO IFEVI

 O 24 de Abril, os alumnos de 4º de primaria foron por 1ª vez a unha xornada de iniciación ó atletismo en pista no IFEVI. Alí realizamos lanzamento de peso e de vortex, tamén fixemos 60m lisos, salto de lonxitude, 500 m lonxitude e para finalizar remudas.

Foi un día diferente no que ademáis de facer deporte pasamolo xenial cos compañeiros do Feliciano Barrera, de Mondariz e do Santiago Apostol.

A continuación podedes ver algunha foto das xornadas.


Aquí podedes ver cales foron os resultados da xornada deportiva.




lunes, 17 de marzo de 2025

XORNADAS DE DINAMIZACIÓN DE BADMINTON

 O luns 17 de marzo os nenos e nenas de 5º visitamos o Pavillón Álvaro Pino onde recibimos unha master class da man do director técnico do Clube de Bádminton de Ponteareas, Victor Lemos Ojea.

A participación nesta actividade de ADECOMPAR permitiu tamén que puidesemos participar no Torneo Zonal Escolar de Badmintón.

Deixámosvos algunhas un vídeo resumen da xornada.



martes, 4 de febrero de 2025

VISITAMOS O CEIP DAS VEIGAS NA II XORNADA INTERCENTROS



 O martes 4 de febreiro o alumnado de 6º de primaria acudiu ó CEIP das Veigas para levar a cabo unha xornada de convivencia, na que os deportes practicados foron o fútbol e o balonmán.

Despois invitáronnos a unha merendola.

Foi unha xornada moi amena, na que o pasamos xenial.






jueves, 12 de diciembre de 2024

VISITA DO CEIP INFANTE FELIPE NA 1ª XORNADA DE INTERCENTROS DO CURSO

 O xoves 12 de decembro recibimos ó alumnado do CEIP Infante Felipe de Salvaterra. Ó longo da xornada xogamos ó Floorball e o Basquet e por suposto disfrutamos dunha merendola conxunta tras tanto deporte.

Foi unha xorna divertidísima! Aquí vos deixamos algunhas das fotos.



CAMPEONATO ESCOLAR ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 2025

 Como ven sendo de costume dende ADECONPAR organizouse o Campeonato Escolar Zonal de Campo a Través, que se levou a cabo en dúas xornadas. O...