sábado, 25 de octubre de 2025

CAMPEONATO ESCOLAR ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 2025

 Como ven sendo de costume dende ADECONPAR organizouse o Campeonato Escolar Zonal de Campo a Través, que se levou a cabo en dúas xornadas. O xoves 16 de Outubro e o venres 17 de outubro.

O noso cole, o CEIP MESTRE RAMIRO SABELL participou o xoves 16 cos nenos e nenas de 4º en categoría alevín e o venres 17 cos nenos e nenas de 6º en categoría infantil.

Foi unha xornada festiva na que o deporte foi a escusa para pasar un día diferente, e desfrutar do deporte. Tras a carreira todos e todas desfrutamos dun merecido chocolate con rosquillas e unha botelliña de auga. 

Hai que felicitar a todos o alumnado pola súa participación e esforzo pero non nos imos esquecer citar a aqueles compañeiros que acadaron medalla na súa participación.

Deste xeito, na categoría alevín feminino Uxía López acadou un 3º posto e Iris González un 8º posto.

En alevín masculino Alén Pérez cun
3º posto, Pablo Codesa cun 7º posto e Pablo Román e Uriel Estévez cun 9º posto foron os premiados.

En infantil femenino valorar a 2ª posición de Sheila Müller e a 8ª de Daniela Sabas.

E en infantil masculino os alumnos de 6º ocuparon o pódium co 1º, 2º e 3º posto deste xeito Héctor Gómez, Delio Rodríguez e Mateo Gregores foron os galardonados, sen esquecernos tamén do 9º posto de Unai Pérez e o 10º de Pablo X. Martínez.

Tamén como non citar as medallas ó mérito e os forzo a:

Diego Domínguez de 4º e Miguel Represas e Izan Rodríguez de 6º.

A continuación deixamos unhas imaxes das dúas xornadas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

CAMPEONATO ESCOLAR ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 2025

 Como ven sendo de costume dende ADECONPAR organizouse o Campeonato Escolar Zonal de Campo a Través, que se levou a cabo en dúas xornadas. O...