lunes, 30 de marzo de 2026

🚍 Continuamos cos intercentros: visitamos outros centros

 Dentro do programa de dinamización intercentros, tamén tivemos a oportunidade de visitar outros centros educativos da contorna, vivindo así a experiencia desde o outro lado e compartindo novas xornadas de deporte e convivencia.

👉 Nunha das saídas, o día 13 de marzo, desprazámonos ao CEIP As Veigas, onde participamos en diferentes actividades deportivas como balonmán e fútbol. Foi unha xornada moi dinámica, na que o alumnado puido seguir desenvolvendo as súas habilidades e, sobre todo, gozar do deporte en equipo.

👉 Posteriormente, o 26 de marzo, visitamos o CEP Carlos Casares, onde practicamos fútbol e cachebol, un deporte alternativo de iniciación ao voleibol que resultou todo un éxito entre o alumnado.

En ambas xornadas, o ambiente foi excelente, destacando a boa convivencia, o respecto entre compañeiros e compañeiras e o espírito deportivo. Ademais, estas experiencias permitiron fortalecer as relacións entre centros e seguir fomentando valores fundamentais a través da actividade física.

Sen dúbida, saídas moi enriquecedoras nas que, ademais de practicar deporte, o alumnado tivo a oportunidade de convivir, aprender e pasalo xenial.

♻️ COMEZA UN NOVO CURSO… E TAMÉN RECAPACICLA!

 Benvidos e benvidas a un novo curso escolar! 🎉 Comezamos con moitas ganas, ilusión e, por suposto, con moito movemento! Na área de Educaci...