Os días 11 e 12 de decembro celebramos no noso centro as primeiras xornadas de intercentros deste curso, dentro do noso Proxecto Deportivo de Centro.
👉 O 11 de decembro recibimos ao alumnado do CEIP Santiago de Oliveira. Nesta xornada participou o grupo de 6ºB, que puido desfrutar dunha mañá deportiva practicando twincón, un deporte alternativo traballado previamente nas clases de Educación Física, e tamén baloncesto.
👉 O 12 de decembro foi a quenda do CEIP Infante Felipe de Borbón (Salvaterra), coa participación do alumnado de 6ºA. Nesta ocasión, as modalidades practicadas foron baloncesto e floorball, outro deporte alternativo que resultou moi motivador para o alumnado.
Ambas xornadas transcorreron nun ambiente moi positivo, favorecido tamén polo bo tempo, o que permitiu gozar plenamente das actividades. O alumnado participou con moita implicación, respecto e deportividade, compartindo experiencias co alumnado doutros centros.
Para rematar, realizamos unha foto conxunta na entrada do centro e compartimos un pequeno momento de merenda e recreo, que serviu para seguir fortalecendo a convivencia e as relacións entre todos e todas.
Sen dúbida, dúas xornadas moi enriquecedoras nas que o deporte foi o mellor vehículo para aprender, convivir e pasalo ben.


No hay comentarios:
Publicar un comentario